martes, 27 de marzo de 2012

Canis.

Nos últimos anos, obsérvase unha certa tendencia a memética en internet. Pero primeiro... ¿Que é un meme?

Existen moitas teorías sobre a difusión cultural, pero podemos definir un meme como a teoría da información cultural transmisible dunha mente a outra dunha xeración a seguinte.

Este fenómeno, aparentemente difícil de entender, e fácil de apreciar. Pódese observar en calquera momento da vida, tanto real como en internet. Un exemplo desto son as cancións pegadizas, como "Ai se eu te pego".
O ritmo simple e pegadizo desta canción, fixo que se transmitira rapidamente dunha persoa a outra, e en poucas horas, xa se transimitira a case todo o mundo.

                                                       
 Nesta imaxe obsérvase como se transmite a información dunha persoa a outra. Esta é a base da memética.

No hay comentarios:

Publicar un comentario