martes, 10 de abril de 2012

Hunter.

Neste caso, non nos referimos a o seu significado en inglés, simplemente, queremos falar sobre este fenómeno da cultura "Pop" ao que as rapazas chaman Hunter, mentres que o resto da xente lle chama "Botas de Goma".

Estas botas de goma, costan aorredor de 180€, sí, non me sobra un cero. Miña avoa, ten unhas botas de goma que terán máis ou menos, 20 anos. Estas botas compradas "Na Cacharola", unha tienda de ferretería, polo módico precio de 18 €, apenas están gastadas e conservan a súa principal función. Ser impermeables.
Así que, como todas as modas actuais, sona algo absurdo comprar estas botas, mais non queremos despreciar a nadie por telas, simplemente mostrar o absurdo desta compra.